TAREFA

Os contos do cole desapareceron!

               Non máis Carapuchiña, nin porquiños, nin flautistas de Hamelín.

Os andeis quedaron baleiros de fantasía e precisamos recuperar os contos para que os nenos e nenas podan coñecer historias de maxia e ilusión. Carbi precisa da nosa axuda así que...

Imos facer libros de contos!

Para isto deberedes:
  • Recoller información sobre a estrutura e os personaxes dos contos clásicos. Atoparedes o que precisedes na pestana "PROCESO"
  • Redactar un conto máxico e imaxinativo.
  • Facer debuxos que ilustren o voso conto.
  • Encadernalo para que forme parte dos fondos da biblioteca.